Máis de cen alumnos dos centros educativos de Viveiro escoitaron ao naturalista e explorador Nacho Dean no IES María Sarmiento. Seguidamente recolleron en 45 minuntos 45 quilos de microplásticos na praia de Covas.
Catro centros acudiron á cita deste venres organizada polo Vivemar.
CEIP Santa Rita de Galdo (36 alumnos 5º e 6° Primaria), CPR Landro (52 alumnos 4º,5º e 6º Primaria), IES María Sarmiento (26 alumn@s de 2º ESO A) CEIP Covas (57 alumnos 4º,5º e 6º Primaria)
En primeiro lugar, no salón de actos do instituto coñeceron a historia do explorador e naturalista Nacho Dean que está a realizar a expedición La España Azul.
E a continuación tivo lugar na praia de Covas a limpeza colectiva. Recolleron 45 kgs en apenas 45 min. Case tódolos residuos eran microplásticos. Ao rematar a limpeza foi o propio Nacho, acompañado da equipa de Educación Azul quen explicaron como categorizar os diferentes tipos de lixo recollido.
O sábado foi momento para o viveirense Suso Martínez, quen guiou unha visita para compartir as historias románticas arredor do mar en Viveiro
E remata a edición 2022 ás 12:30h coa presentación do libro “Tarrafas, Un Arte” de Andrés Díaz Ferro, presentado por Jesús Fernández, tenente alcalde e concelleiro do mar do Concello de Viveiro.Será na Sala Multiusos do Concello de Viveiro.Clausurando o Vivemar, cantando “Catro Vellos Mariñeiros”