InicioOrientalRibadeoO PP de Ribadeo pide unha homenaxe a Luz Pozo Garza para...

O PP de Ribadeo pide unha homenaxe a Luz Pozo Garza para reivindicar a súa figura de filla predilecta da vila

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de Ribadeo rexistrou no Concello unha proposta na que se reclama ao goberno do BNG a homenaxe para Luz Pozo Garza con motivo do seu centenario e para reivindicar a súa figura como filla predilecta da vila. “Hoxe cumpriría 100 anos luz, como diría ela”, explica a concelleira Begoña Sanjurjo.

Sanjurjo explica, “un día como onte, 29 de novembro, Luz Pozo Garza ingresaba como numeraria na Real Academia Galega data en que deu lectura ao discurso de ingreso titulado “Diálogos con Rosalía”.

Os populares esperan que as agrupacións locais que forman parte do Concello se sensibilicen e poñan da súa parte para facer un acto conxunto que reivindique a figura de Luz Pozo Garza como máxima representante da literatura ribadense. Ademais, o grupo popular demanda unha ofrenda floral aos pés do monolito que a lembra e un recital poético coa participación dos centros educativos de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...