InicioCentralBurelaA praza do Concello de Burela acolleu unha concentración en repulsa do...

A praza do Concello de Burela acolleu unha concentración en repulsa do asasinato machista en Lugo

O rexedor, Alfredo Llano, comentou que “esta tarde ao inicio do pleno que imos celebrar tamén gardaremos un minuto de silencio en recordo de Cristina Cabo e como condena polo acontecido”.

Publicada o

- Advertisement -

A praza do Concello foi escenario dunha concentración na que se gardou un minuto de silencio na memoria de Cristina Cabo, a muller asasinada o pasado domingo en Lugo.

Veciñas, veciños, traballadores municipais, concelleiros e concelleiras amosaron deste xeito a súa repulsa por ese crime. O alcalde, Alfredo Llano, participou no acto xunto aos concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Ramiro Fernández e Toñi Eijo, e outros edís da Corporación Municipal.

O rexedor comentou que “esta tarde ao inicio do pleno que imos celebrar tamén gardaremos un minuto de silencio en recordo de Cristina Cabo e como condena polo acontecido”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...