InicioOccidentalViveiroEste venres Viveiro celebra a entrega do IV Premio de novela Vilar...

Este venres Viveiro celebra a entrega do IV Premio de novela Vilar Ponte

“Parabéns aos dous escritores premiados neste certame, que gaña recoñecemento e consolidación cada ano. Un certame que impulsa sen dúbidas a creación literaria na nosa lingua”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebra mañá, venres 2 de decembro, a gala de entrega do IV Premio de Novela Vilar Ponte. O acto será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.

O acto contará coa presenza do escritor Suso de Toro e da gañadora desta edición, Irene Rega Jul, coa súa obra “Tecendo Redes”, xunto co finalista Francisco Vidal Blanco, autor de “As cartas do desarraigo”.

O Premio de Novela Vilar Ponte, que cumpre este ano a súa cuarta edición, naceu coa finalidade de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega.

O xurado desta edición estaba composto por Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro, profesor e historiador; Eva Mejuto Rial, escritora e xestora cultural; e María Lado Lariño, escritora.

“Parabéns aos dous escritores premiados neste certame, que gaña recoñecemento e consolidación cada ano. Un certame que impulsa sen dúbidas a creación literaria na nosa lingua”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...