InicioEconomía"Reunións duras" entre Alcoa e o comité de empresa para activar a...

“Reunións duras” entre Alcoa e o comité de empresa para activar a planta de Cervo

Publicada o

- Advertisement -

As negociacións entre Alcoa e o comité de empresa de Cervo para actualizar o acordo de reactivación da fábrica avanzan “aos poucos”, despois das dúas xornadas de reunión esta semana en León.

Pouco máis dun ano resta para o arranque de cubas, programado para o un de xaneiro de 2024. Respecto diso, o presidente do comité, José Antonio Zan, destaca que o comité persegue “dar algunha garantía máis” ao persoal, en concreto a da planta de alúmina.

“As reunións con Alcoa son todas reunións duras, son reunións longas e está tamén o foi”, explica. “Hai moitos parámetros que estamos a negociar e vaise avanzando aos poucos”, advirte.

O sindicalista de Comisións Obreiras puntualizou que “hai varios temas que son fundamentais, como o tema de garantías, temas sobre todo de investimento do forno de cocción, que é onde había ese desvío orzamentario” que o comité avisa que non é a súa responsabilidade.

“Nós non podemos fiscalizar iso, e non temos man para dicir onde se asignan os fondos e onde non”, apostila. En calquera caso, indica que se lles ensinou un forno de cocción “que cumpría co acordado” e que o custo “sobe a 109 millóns, das 42 iniciais”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...