O grupo municipal popular de Ribadeo levará a pleno unha petición para o mantemento das fontes da vila e das parroquias ante a situación de total abandono en que están.
A popular Montse Seijo, coordinadora do rural, explica que “levamos reclamando durante toda a lexislatura a rehabilitación de espazos públicos, concretamente as fontes. Moitas delas nin se sabe se están porque están ocultas pola maleza e outras so é cuestión de tempo que a herba medre e a metade delas non funcionan”.
Neste sentido, Seijo resalta que moitas destas fontes foron rehabilitadas por fondos dos obradoiros da Xunta de Galicia, é dicir, “co diñeiro de todos”. Por iso, aos populares preocúpalles que a rehabilitación feita desde a administración autonómica non é efectiva se non hai un mantemento ou conservación das fontes.
PETICIÓNS REITERADAS
Desde o grupo popular non entenden o desgoberno absoluto do BNG que “nin xestiona nin traballa polos veciños de Ribadeo”. Por iso, a vicevoceira, Elena Sierra destaca que os populares seguirán insistindo e levando as veces que faga falta a pleno esta petición de arranxo e mantemento das fontes. “É hora de que este goberno esperte dunha vez e non espere para arranxar todo dous días antes das eleccións” engade Elena Sierra