InicioOccidentalCervoVolve o Mercado de Nadal a Cervo coa súa terceira edición esta...

Volve o Mercado de Nadal a Cervo coa súa terceira edición esta fin de semana

A cita, que reunirá unha vintena de postos de alimentación e artesanía, está organizada por Marmeladas A Morena e Cabaliño de Pao, coa colaboración da administración local.

Publicada o

- Advertisement -

A Praza do Souto acolle por primeira vez este sábado, 17 de decembro, o xa tradicional Mercado de Nadal. Na mañá deste martes o alcalde Alfonso Villares, a concelleira de cultura, Dolores García Caramés, e o edil de Turismo, David Rodríguez, recibiron a Cristina Rodríguez, xerente de Marmeladas A Morena, e Xerardo Rodríguez, de Cabaliño de Pao, os locais organizadores do evento, para presentar o programa de actividades que terá lugar este sábado.

O mercado abrirá as súas portas ás 11:00H na carpa instalada na Praza do Souto, en Cervo. Os visitantes poderán desfrutar de numerosos postos de alimentación e artículos artesanais e estarán acompañados dende as 11:30H da percusión africana de Mapato. Ás 12:30H collerá o relevo a agrupación local Fol do Raxal.

A tarde estará amenizada pola música de Juan Soto e ás 17:00H dará comezo a actuación do contacontos Caxoto no Ecomuseo. Finalmente, rematarán co sorteo de cestas as 19:30H.

Durante a xornada, os presentes poderán disfrutar dunha gran variedade de tapas na Taberna de Sargadelos, O Caseto de Copa e o Almacén.

Desde o Concello convidan a veciños e visitantes a achegarse durante esta xornada de sábado ata Cervo para desfrutar desta actividade que inaugura a programación de Nadal do municipio, e que é unha oportunidade única para pasar o día en familia e entre amigos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...