InicioCentralFozFoz inaugura o novo miradoiro do Pico do Castro, unha atalaia a...

Foz inaugura o novo miradoiro do Pico do Castro, unha atalaia a cinco minutos do centro urbano

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca “o gran valor paisaxístico do novo miradoiro, unha plataforma de case 30 metros cadrados de madeira con dous bancos laterais de 4 metros de lonxitude".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Turismo, Chema Linares, acudiron hoxe, martes, ao novo miradoiro de Pico de Castro, unha atalaia privilexiada a só 5 minutos camiñando desde o centro urbano da vila.

Dentro das obras de urbanización de Costa do Castro e como mellora do proxecto, o goberno municipal apostou por instalar un miradoiro no Pico do Castro –nas letras de Foz-, nuns terreos municipais que constitúen un punto de observación excepcional sobre o Cantábrico e a propia Ría de Foz.

O alcalde destaca “o gran valor paisaxístico do novo miradoiro, unha plataforma de case 30 metros cadrados de madeira con dous bancos laterais de 4 metros de lonxitude: desde Pico do Castro podemos observar toda a rasa cantábrica desde Foz ata Tapia de Casariego, pero tamén a contorna da Ría de Foz, coa vila aos nosos pés. E todo isto moi preto do centro urbano, a só 5 minutos camiñando desde a rúa Álvaro Cunqueiro. É un paseo que ademais podemos facer con tranquilidade e seguridade, coas beirarrúas de Costa do Castro recentemente executadas e a súa continuación a través da nova senda peonil. E se nos desprazamos en vehículo temos a carón do miradoiro un estacionamento -o do cemiterio municipal-, que acabamos de acondicionar. Non me canso de dicilo: somos privilexiados, só temos que darnos conta e poñer en valor o noso entorno”.

O concelleiro de Turismo, Chema Linares, salientou “o gran traballo que se está a facer nesta lexislatura por potenciar o enorme valor paisaxístico que ten Foz. Un novo miradoiro que sumamos á Ruta dos Miradoiros xunto ao da Frouseira, Tamaniña, Lousada ou o recente de Cornería. É un miradoiro máis accesible preto do casco urbano e cunhas bonitas vistas sobre a ría e a costa de Foz. Animamos aos veciños e visitantes a descubrir esta ruta e disfrutar das magníficas vistas que nos deparan estes miradoiros”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...