IniciosociedadeO Goberno declara a emerxencia nas obras de adecuación na A-8 no...

O Goberno declara a emerxencia nas obras de adecuación na A-8 no tramo Lindín-Carreira

O tramo da autovía A-8 entre Lindín e Carreira foi inaugurado en 2014 e completaron, xunto co tramo Mondoñedo-Lindín, os 87 quilómetros que restaban para completar a parte galega da autovía do Cantábrico.

Publicada o

- Advertisement -

O Consello de Ministros acordou este martes a declaración de emerxencia das obras de adecuación das instalacións de distribución eléctrica para o equipamento de sinalización e servizos no tramo Lindín-Carreira da A-8.

Con esta actuación, segundo recolle a referencia do Consello de Ministros, o Ministerio de Transportes quere “emendar o perigo existente” neste tramo da provincia de Lugo. As obras teñen un importe de 1.223.152,46 euros.

O tramo da autovía A-8 entre Lindín e Carreira foi inaugurado en 2014 e completaron, xunto co tramo Mondoñedo-Lindín, os 87 quilómetros que restaban para completar a parte galega da autovía do Cantábrico.

Ademais, o Consello tamén acordou este martes a ampliación da declaración de emerxencia para as obras de substitución dos pretiles da primeira calzada nos viadutos de Ribón e Cadavedo, nesta mesma autovía, pero no termo municipal de Valdés (Asturias), por importe de 322.201,95 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...