InicioCentralBurela"O COVID do Mariñán", unha cita co teatro do Bordelo este venres...

“O COVID do Mariñán”, unha cita co teatro do Bordelo este venres na Casa da Cultura en Burela

Participan na representación 6 actrices e actores e a duración será de 90 minutos.

Publicada o

- Advertisement -

O Bordelo presenta mañá, venres, na Casa da Cultura O covid do mariñán.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “este venres, 16 de decembro, ás nove da noite no auditorio da Casa da Cultura temos a actuación do grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, que como sempre desde xa hai moito tempo presentan practicamente cada ano unha nova obra teatral e fana, por suposto, tamén en Burela”.

O edil burelés explicou que “neste caso titúlase O covid do mariñán e promete ser, como todas as obras dirixidas polo gran Paco Piñeiro, divertida e para facernos rir a todos, que boa falta nos fai nestes tempos como estes, tan controvertidos”.

Participan na representación 6 actrices e actores e a duración será de 90 minutos. A entrada é de balde.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...