InicioOrientalRibadeoColaboración da Xunta e ACISA Ribadeo para distribuír 20.000 bolsas promocionais do...

Colaboración da Xunta e ACISA Ribadeo para distribuír 20.000 bolsas promocionais do comercio local

As bolsas serán repartidas entre os negocios asociados de ACISA.

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia colabora coa asociación Acisa de Ribadeo na distribución de 20.000 bolsas promocionais do comercio local para repartir entre os negocios asociados con ocasión da campaña de Nadal.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, mantivo un encontro en Ribadeo coa presidenta de Acisa, Carme Cruzado, para tratar sobre esta e outras accións que impulsa ou apoia a Xunta co propósito de animar á cidadanía a mercar nos establecementos de proximidade.

Nese sentido, Arias destacou as medidas para incentivar as compras como o Bono Activa Comercio, que pode gastarse ata o 31 de decembro e conta con medio cento de locais adscritos en Ribadeo. O delegado avanzou que no conxunto da provincia de Lugo xa se mobilizaron vendas por valor de 1,2 millóns de euros no que vai desta edición. Tamén puxo en valor a colaboración constante da Xunta coas entidades como Acisa a través das axudas a asociacións e federacións de comerciantes para impulsar a súa actividade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...