A XIX Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar 2023 celebrarase entre o 10 e o 13 de maio. Acollerá por centos de expositores coas últimas innovacións e tecnoloxías no sector. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo en valor, este xoves en Fitur, o compromiso da Fundación Expomar en favor da competitividade do sector marítimo-pesqueiro.
Nesta edición da feira prevese superar os 5.000 metros cadrados de espazo expositivo entre o interior da nave de redes e unha carpa anexa ao porto. Igualmente, presentáronse as XXX Xornadas Técnicas e o XXIV Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras.