InicioCentralArrincan as festas de Burela

Arrincan as festas de Burela

O colectivo de xubilados do mar ofrecerá o pregón das patronais, que durarán ata o 5 de xuño

Publicada o

- Advertisement -

As festas patronais de Burela, na hora da Virxe do Carme e San Xoán Bautista, inclúe un variado programa de actividades que comezá mañá e que durará dez días, ata o 5 de xuño.

A programación comeza mañá ás nove da noite, coa misa na honra da Virxe do Carme e a baixada da igrexa da Vila do Medio.

CONCERTO

O sábado 26, o auditorio da casa da cultura acollerá o pregón, que pronunciarán membros da asociación de xubilados do mar ‘A Moncloa‘. Comezará ás 20.00 horas, e ás 21.30 será o concerto da cantora monfortina Rosa Cedrón, ex integrante do grupo folk Luar na Lubre e colaboradora de Mike Olfield. A entrada será de balde ata completar aforo.

A xornada do domingo 27 está pensada para os nenos. O Día da Infancia inclúe unha festa infantil e xuvenil con hinchables, que comezará ás 16.30 horas na Praza da Mariña e durará toda a tarde. Ás 20.00 horas reproducirase un vídeo conmemorativo do 25 aniversario da alfombra floral. Será na casa da cultura.

o prazo de inscrición para o karaoke, os días 30 e 31, está aberto

Os días 30 e o 31 de maio estarán adicados a unha das actividades estrela dos últimos anos, o karaoke. O mércores será a quenda da competición xuvenil e o xoves disputarase o campionato sénior. O prazo para inscribirse está aberto. Os interesados poden anotarse presencialmente na biblioteca ou na casa da xuventude, ou chamando aos teléfonos 982.58.06.83 ou 982.58.11.41.

Os amantes das orquestras xa poderán desfrutar da súa música o día 1. Fórmula e Marbella animarán o recinto festivo desde as 23.30 horas. O sábado 2 será o da baixada ao porto a través das espectaculares alfombras florais, que cumpren 25 anos. Ademais, haberá sesión vermú, misa ás 21.00 horas e verbena con La Favorita e D’Moda.

AS ALFOMBRAS FLORAIS LUCIRÁN O 2 E A PROCESIÓN MARÍTIMA SERÁ O 3

A procesión marítima será o gran reclamo do día 3. Será ao remate da misa, ás 12.00 horas, nun altar instalado no porto. Palladium e Combo Dominicano porán ritmo ao día na sesión vermú e na verbena.

O día 4, desde as 12.00 horas, subiranse as imaxes desde o porto á igrexa parroquial, onde ao remate da procesión haberá misa cantada. A sesión vermú e maila verbena correrán a cargo de Pontevedra e Panorama. O martes 5 rematarán os festexos coa ofrenda floral aos mortos no mar. Será no porto, desde as doce da mañá.

NORIA

Ademais, os que se acheguen a Burela poderán desfrutar da noria móbil más alta de Europa, de 65 metros de altura.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...