InicioPolíticaO PSdeG critica as partidas destinadas á comarca nos orzamentos

O PSdeG critica as partidas destinadas á comarca nos orzamentos

Os socialistas lamentan que non haxa fondos para o dragado de Foz e ven escaso o gasto na N-642

Publicada o

- Advertisement -

O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) ofreceu unha rolda de prensa na que criticou o investimento destinado nos Orzamentos Xerais do Estado (OXE) a Lugo e á Mariña. O PSOE asegura que a provincia ten “uns presupostos mutilados” a causa “dos verdugos do seu progreso, a alianza entre o Goberno central e Ciudadanos, que é a muleta do PP”.

O secretario xeral dos socialistas lucenses, Álvaro Ramos, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, lamentaron que “PP e Ciudadanos pactaron votar en contra de 37 propostas, realistas e executables, que fixemos para aumentar en 33,1 millóns os investimentos do Estado na provincia”. Os representantes do PSdeG lembraron que o gasto destinado a Lugo nos orzamentos xerais do 2011 foi de 178 millóns de euros e agora a cantidade presupostada cae a 60.

Os socialistas aseguraron que Ciudadanos “pediu un millón para A Coruña, outro para Pontevedra, 500.000 euros para Ourense e só 100.000 para a provincia de Lugo, para un estudo sobre o desdobramento da Rolda Norte”.

N-642

O PsdeG critica que os orzamentos só reserven 1,7 millóns para a mellora da N-642. Lembra que o PP deixou de executar dous millóns nos últimos anos. Dado o deterioro da estrada, os socialistas “pediamos utilizar este ano os fondos previstos para 2019”.

DRAGADO DE FOZ

O PSOE lucense tamén resaltou a necesidade de acometer o dragado e Foz e rexenerar a ría para protexer e recuperar os sistemas litorais. Os socialistas quéixanse de que non haxa fondos previstos para este proxecto e recordan que “este proxecto xa se comprometeu en diferentes ocasións por parte da dereita sen nunca levar nada a cabo”.

TRABADA

O grupo provincial do PSdeG solicitou tamén 150.000 euros para a actuación ambiental no río Eo, en Trabada, que non foron concedidos, e outros 200.000 para a antiga ruta do tren mineiro entre Villavieja e o municipio trabadense, que non se contemplaron nos presupostos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...