O BNG de Barreiros impulsa o domingo un acto lúdico-reivindicativo para reclamar a cobertura do servizo de pediatría que comparten os centros de saúde barreirense, de Mondoñedo e Lourenzá.
O evento, que comezará ás 12.00 horas na Praza do Concello de Barreiros, contará coa presenza de Pakolas. O músico ofrecerá un concerto de rock dirixido a nenos e nenas. De non poder desenvoverse ao aire libre polo clima, a actividade será no centro sociocultural.
A voceira do grupo municipal do BNG, Ana Ermida, explica que “con este acto pretendemos implicar a todo o mundo na defensa dun servizo básico, garantindo o dereito á atención das crianzas por persoal especialista”.

Ao longo dos últimos meses, partidos e colectivos reclamaron a cobertura da baixa da pediatra que exerce nos tres concellos. Fixérono con recollidas de sinaturas e a través de mocións, tanto nos plenos municipais coma no Parlamento galego.
Denuncian retrasos nas vacinas ou que os picaros só son atendidos por especialistas en pediatría “en casos de gravidade”, pasando os seus casos a médicos de familia “que acumulan a sobrecarga de traballo”.
ACTIVIDADE PARA “TODA A FAMILIA”
“Estamos seguras de que toda a poboación defende esta demanda. Por iso quixemos organizar un acto simbólico e visual ao que poida acudir toda a familia“, concluíu Ermida.