InicioCulturaO catálogo da exposición "Modelando vidas" pecha o ano de Juan Puchades

O catálogo da exposición “Modelando vidas” pecha o ano de Juan Puchades

A Deputación de Lugo editou a publicación sobre a mostra retrospectiva do escultor mindoniense, que pode verse ata o 27 de xaneiro no Museo Provincial

Publicada o

- Advertisement -

O colectivo Tá en Artes converteu o 2018 nun ano de homenaxe ao escultor Juan Puchades. Durante o pasado ano, a asociación cultural promoveu diferentes actos de recoñecemento ao creador valenciano afincado en Mondoñedo, onde desde 1960 deu forma a súa traxectoria artística en madeira, bronce, pedra e ferro.

O epílogo do ano de Puchades foi a presentación do catálogo da exposición retrospectiva “Modelando vidas”, que se inaugurou o pasado novembro e que pode verse ata o 27 de xaneiro na sala principal do Museo Provincial.

A publicación, editada pola Deputación de Lugo, pon letra ás 47 esculturas, 4 maquetas e 14 debuxos e bosquexos da mostra, un percorrido antolóxico pola obra do autor, recoñecida con múltiples premios e parte de distintas coleccións públicas e privadas de España, Suíza, Portugal, Francia ou Arxentina.

A coordinadora da edición e directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro, e o escritor e cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, acompañáron ao escultor este venres na presentación do libro, onde a deputada de Cultura, Pilar García Porto, lle agradeceu “que decidise compartir con nós, a súa vida e que aínda conserve ánimos para seguir creando e compartindo a súa arte con todos os lucenses”.

A Deputación provincial xa colaborou na edición doutro catálogo-homenaxe de varios artistas e discípulos de Puchades, entre os que se contan Xosé Vizoso, Daniel Caxigueiro, Otero Regal ou Celso Dourado.


MARIÑEIROS NA BREGA

A obra de Juan Puchades forma parte tamén da exposición permanente do Museo Provincial que expón, desde hai máis de catro décadas, Mariñeiros na brega, unha peza realizada con retallos de ferro e soldadura que representa a dous mariñeiros tirando do cabo dunha embarcación da que só se ve a proa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...