Última semana para anotarse no ‘Florea o teu balcón’ de Mondoñedo

Presentación do certame 'Florea o teu Balcón'. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

O Concello de Mondoñedo lembra que arrinca a última semana para anotarse na terceira edición do concurso ‘Florea o teu balcón‘, que ofrece seis premios de entre 50 e 250 euros ás fachadas mellor decoradas. A data límite para inscribirse no certame é o 31 de maio

concelleiro de educación, xuventude e novas tecnoloxías, Alberto García, explica que pode participar “aquel que queira valorizar calquera tipo de espazo no centro urbano, non só balcóns ou fiestras, senón tamén muros ou xardíns verticais”.

Anotan no e-mail concursodebalcones@gmail.com. É preciso incluír nome, apelidos, número de DNI, o enderezo do balcón e o número de contacto.

O concurso durará todo o verán e os nomes dos gañadores coñeceranse no mes de setembro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here