InicioMovementos SociaisConvocan en Viveiro un acto aberto para organizar as mobilizacións feministas de...

Convocan en Viveiro un acto aberto para organizar as mobilizacións feministas de marzo

O encontro, convocado pola Asemblea Galegas 8M, será o sábado no consistorio

Publicada o

- Advertisement -

A Sala Multiusos do Concello de Viveiro acolle o sábado un acto aberto para avanzar na organización das mobilizaciós feministas do vindeiro mes de marzo, a Manifestación Nacional do Día das Mulleres do 3 de marzo e o Paro Internacional de Mulleres do 8.

Trátase dunha convocatoria coa que se anima a todas as mulleres a sumarse aos colectivos da Asemblea Galegas 8M,  creada para “repensar o 8M en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal”

O acto, que comezará ás 12:00 horas, incluirá un coloquio informativo acerca das reivindicacións para o vindeiro 8 de marzo, das características da folga de consumo, de coidados e estudiantil e do papel dos homes nos paros.

O 8 DE FEBREIRO, EN BURELA

Estes encontros abertos, que se están a celebrar en vilas e cidades de toda Galicia, continuarán durante as vindeiras semanas na comarca. O 8 de febreiro, a xuntanza realizarase na Sala Multiusos da Casa da Cultura en Burela.

En xaneiro, realizáronse xuntanzas en Barreiros e San Cibrao.

GALEGAS 8M

O movemento feminista Galegas 8M reúne máis dun trintena de colectivos feministas galegos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...