O Concello de Burela inaugura este domingo, desde as sete e media da tarde na praza do Concello, unha exposición permanente que consta de 25 fotografías e que servirá para conmemorar o 25 aniversario das alfombras florais que cobren as rúas da localidade nas festas patronais.
A mostra fotográfica, impulsada en colaboración coa asociación das alfombras florais de Burela, incluirá imaxes dos 24 anos anteriores.
Ademais, ás oito da tarde na casa da cultura, vaise proxectar un vídeo conmemorativo dos 25 anos dos tapices. “Contamos para esta iniciativa coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e temos confirmada a presenza do deputado responsable da área de turismo, Eduardo Vidal”, sinalou o edil de turismo e tenente de alcalde, Ramiro Fernández Rey.
RECLAMO TURÍSTICO
O edil anima “aos veciños e veciñas a acudir a este acto, que vai ser emotivo e bonito, para recoñecer o traballo de quenes elaboran as alfombras florais”, que supoñen “un reclamo turístico para Burela, posto que o sábado imos ter moitos visitantes vendo esa auténtica xoia que fan sobre as rúas”, asegura.
PREGÓN
José Ben Quelle, Hortensio Abad Mon e Santiago Rivera Lestegás, xubilados do mar da asociación A Moncloa, ofreceron o pregón das festas de Burela 2018.