InicioM.ambiente e PatrimonioComezan as visitas á Cova do Rei Cintolo, que pechou 2018 con...

Comezan as visitas á Cova do Rei Cintolo, que pechou 2018 con récord de visitantes

Un total de 2.093 persoas accederon á cavidade, que se poderá ver todos os festivos do ano

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo abriu o pasado 1 de marzo a nova campaña de visitas guiadas á Cova do Rei Cintolo, que se poderá ver todos os festivos do ano.

O goberno local indicou que na ponte de San Xosé, en marzo, será posible visitar a cavidade tamén o luns 18 e martes 19, e durante a Semana Santa, en abril, poderase acceder todos os días.

Haberá visitas de fin de semana os venres, sábados e domingos ás 12.00 horas, e ás 17.00 horas. A partir do mes de abril rexerá o horario de verán, polo que haberá unha nova quenda ás 18.30 horas.

Durante os meses estivais, as visitas serán nas tres quendas indicadas todos os días da semana (de luns a domingo).

GRUPOS REDUCIDOS

Desde o goberno local lembran que as visitas guiadas se fan a unha cova en estado natural, polo que se solicita un estado físico e mobilidade normal.

O percorrido, duns 300 metros e nunha contorna segura, realizase polo sector central da cavidade nun tempo estimado dunha hora e quince minutos.

Proporciónase casco con iluminación, luvas e un mono de celulosa e é preciso levar calzado pechado con fondo de goma para evitar esvaróns. Tamén se recomenda levar roupa que non importe manchar, e mesmo, prendas para mudarse tras a visita.

As visitas son sempre guiadas en grupos reducidos, cunha idade mínima para os participantes estipulada en doce anos. Os grupos oscilan entre as catro persoas de mínimo e as dez de máximo.

INSCRICIÓN E RESERVAS

O custo do percorrido é de 15 euros por persoa. Informan e reservan no teléfono 982.50.71.77.

A MEIRANDE DE GALICIA

O pasado ano visitaron a cova 2.093 persoas, o que supón os mellores resultados dende que está aberta ao público, no ano 2006. No 2014 percorreron a cova 546 persoas, e no pasado agosto constatouse un aumento das visitas do 34% con respecto ao mesmo mes de 2017.

A cavidade, a meirande de Galicia, é unha paisaxe inédita no territorio galego, pouco propicio para formacións cársticas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...