Un incendio nun baixo dunha vivenda na Agrela, na parroquia alfocense de Lagoa, sen prexuício para a saúde das persoas, xa que ninguén tivo que recibir asistencia médica. O lume, que puido orixinarse nalgún dos electrodomésticos que había no local, só causou danos materiais.
A Axencia Galega de Emerxencias recibiu o aviso do incendio sobre as 14.42 horas. Mobilizáronse ata o lugar do suceso bombeiros do parque de Barreiros e integrantes do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, que poideron controlar o lume.