IniciosociedadeUn ecomercado completa o programa da ruta de tapas de Alfoz

Un ecomercado completa o programa da ruta de tapas de Alfoz

Cinco establecementos do concello sumanse á iniciativa ofrecendo aos clientes dous bocados diferentes, do 19 ao 21 de abril

Publicada o

- Advertisement -

Cinco establecementos participarán na Ruta das Tapas de Alfoz, que se celebra do 19 ao 21 de abril e que chega con novidades.

Ás degustacións nos locais, súmase a posibilidade de visitar o ecomercado no que tamén de ofrecerán bocados aos visitantes.

Como en anos anteriores, o sábado 20 haberá un autobús para facer o percorrido polos bares, animados con cantos de taberna.

As creacións gastronómicas deste ano son: “Malo será” e “Primavera” na cafetería Trébol; “Delicias Pereiras” e “Tapa Salvaxe” en Casa Pereiras; “Mexillóns tigre” e “Guiso de pulpo” en Bar Rodolfo; “Mexillón de primavera” e “Brocheta de pulpo a feira” en Bar San Pedro; e “Crocante de langostino con guacamole” e “Escalope con mostaza e mel” en A Naranxa.

O establecemento gañador recibirá un trofeo. Entre os participantes que voten pola mellor tapa sortearanse tres premios de 200 euros en vales de compra.

CONCENTRACIÓN PARA AUTOCARAVANAS

Unha xuntanza de autocaravanistas inaugurou oficialmente este fin de semana a área de servizo habilitada en San Pedro de Mor para este tipo de vehículos.

A Primeira Concentración de Autocaravanas de Alfoz, organizada pola Asociación Galega de Autocaravanas (AGA) e a delegación de Cultura e Turismo, serviu de escaparate turístico para o concello.

Os asistentes coñeceron o Castelo do Castrodouro, onde visitaron as exposicións “Escuelas Unitarias de Alfoz” e “Percorrido polos Tesouriños da colección numismática do Museo Provincial de Lugo” que actualmente albergan as instalacións da fortaleza e tamén o Museo das Zocas con demostración do zoqueiro Alberto Geada.

Ademais, desfrutaron de andainas na contorna da Pena Abaladoira, da Fervenza do Escoudiral ou da ruta do río Ouro con visita a Finca Galea.

 

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...