IniciosociedadeA Deputación aprobará "nos próximos días" un Plan Único de 24,5 millóns

A Deputación aprobará “nos próximos días” un Plan Único de 24,5 millóns

Un total de 16,7 millóns serán para obras, 3,5 para crear emprego e outros tres para o servizo de axuda no fogar, a repartir entre os 67 municipios da provincia

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, convocou este venres a comisión sobre o Plan Único correspondente a 2019, despois de que a institución rematara de compilar a documentación relativa a todos os proxectos que serán financiados con cargo a esa programación de investimentos, que ascende a 24,5 millóns de euros.

Campos confirmou nunha rolda de prensa que todas as actuacións contempladas no Plan Único da Deputación para este ano serán definitivamente aprobadas nun pleno extraordinario da corporación provincial que se celebrará “nos próximos días“.

Lembrou que a Deputación achega 21 millóns de euros do importe total do plan, mentres que os 67 municipios da provincia poñen 3,5.

OBRAS E EMPREGO

Campos quixo lembrar que o reparto dos fondos se realiza a través de “criterios totalmente obxectivos” e, desa cantidade total, 16,7 millóns serán investidos en obras para mellorar as dotacións públicas nos municipios da provincia, mentres que 3,5 millóns irán destinados a iniciativas para fomentar o emprego.

AXUDA NO FOGAR

Tamén se reservan tres millóns para pagar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) básico, do que se benefician máis de 2.300 persoas en Lugo, mentres que máis de 650.000 euros están destinados a organizar eventos que contribúen a dinamizar económica e socialmente os concellos.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...