InicioM.ambiente e PatrimonioA dragaxe de Porto Chico, sen acometer un ano despois dun acordo...

A dragaxe de Porto Chico, sen acometer un ano despois dun acordo unánime no Parlamento

En Marea esixe á Xunta que presente un proxecto "con cronograma e orzamentos" para realizar as obras e mellorar as condicións "de abrigo e seguridade" do peirao de Tupide

Publicada o

- Advertisement -

En Marea denuncia que a dragaxe do Porto Chico, en Foz, segue sen acometer despois de que este mes se cumprise un ano da aprobación, co respaldo de todos os grupos políticos do Parlamento de Galicia, dunha iniciativa presentada polo partido instrumental que instaba á Xunta de Galicia a executar “de xeito urxente” as obras.

A deputada de En Marea Paula Vázquez Verao lamenta que a Asociación A Ribeira, que no 2017 presentou ante a Consellería do Mar un plan de mellora para o peirao de Tupide, denuncia que continúa sen novidades a respecto das actuacións necesarias.

A parlamentaria do partido instrumental anunciou este mércores que presentou unha iniciativa para a Comisión oitava de Pesca e Marisqueo, na que insta á Xunta a entrevistarse coa agrupación e, de acordo coa mesma, presentar ante o Parlamento un proxecto, acompañado de cronogroma e partidas orzamentarias, para acometer unha mellora integral do Porto Chico que contemple a mellora das condicións de abrigo e seguridade do mesmo.

Paula Vázquez Verao. AXM

Vázquez Verao lembra que das melloras propostas por A Ribeira “unicamente se impulsou dende Portos de Galicia a dragraxe e o acceso ao novo pantalán, agardando que se renove con urxencia o firme do pantalán vello“.

“A realidade do Porto Chico, ou peirao de Tupide, que serve de porto deportivo, orixina múltiples prexuízos, pois as embarcacións instaladas no mesmo, que pagan as correspondentes taxas polo atraque, sofren estragos durante os temporais, optando mesmo por subir a terra as lanchas ou trasladalas ao porto pesqueiro”, conclúe a deputada de En Marea.

VERTIDOS FECAIS NA RÍA DO MASMA

Segundo anunciou En Marea, Vázquez Verao tamén ten rexistrada unha pregunta para a súa resposta por escrito sobre as verteduras fecais na ría do Masma.

“Dende hai anos, sen que as Administracións fixeran nada, o porto e a ría de Foz padeceron problemas de falta de saneamento, séguese sen acometer o traslado da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR)”, salienta.

Asemade, denuncia puntos de verteduras directamente á ría. “De feito, a ría leva un ano pechada ao marisqueo pola presenza de augas fecais, o que impide traballar a mariscadoras de Foz e Barreiros“.

Así, En Marea pregunta ao Goberno galego “que vai facer ante a presenza de vertidos fecais” e se “vai habilitar algún mecanismo de compensación para as profesionais do sector do mar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...