IniciosociedadeA Festa dos Maios reverdece en Mondoñedo 28 anos despois

A Festa dos Maios reverdece en Mondoñedo 28 anos despois

Máis de 200 estudantes dos centros educativos vestíronse con flores para dar cor a unha celebración que o Concello quere recuperar

Publicada o

- Advertisement -

Máis de 200 alumnos dos centros educativos de Mondoñedo percorreron as rúas da cidade vestidos acorde á Festa dos Maios, con coroas de flores, camisas brancas e mesmo co traxe galego.

Nas prazas da Catedral e do Concello interpretaron e cantaron diversas cantigas, musicadas polo mindoniense Manuel Ledo ‘O Pallarego’, de quen toma nome a escola municipal de música. Os textos son de Álvaro Cunqueiro e Díaz Jácome.

imaxe da Praza da Catedral, durante a celebración. AXM

A ÚLTIMA, NO 1991

A Escola Municipal de Música impulsou a iniciativa, coa que se busca recuperar a tradición da festa dos maios. A última gran celebración desta festa foi no 1991. Esta iniciativa congregou numerosas persoas polas rúas da cidade, durante todo o percorrido dende o CEIP Álvaro Cunqueiro ata o cemiterio.

A celebración encheu a cidade de cor. AXM

Colaboraron coa organización o CEIP Álvaro Cunqueiro e do IES San Rosendo, o Centro Asistencial de San Pablo e San Lázaro e tamén o alumnado do Ciclo de Floristería da Granxa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...