InicioDeportesO Pescados Rubén FSF gaña en Murcia e segue a esixir o...

O Pescados Rubén FSF gaña en Murcia e segue a esixir o máximo do Atlético

O cadro burelao solventou un partido complicado grazas á súa efectividade co xogo de cinco e mantense na pelexa polo título a falta de dúas xornadas para o final

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF non se rende e esixirá o máximo ao Atlético Futsi Navalcarnero na loita polo título da Liga Foro 16 Feminismo. O equipo laranxa solventou un partido complicado para gañar a domicilio ao UCAM El Pozo Murcia (3-5).

O bo manexo do xogo de cinco por parte das discípulas de Julio Delgado e máis Lucas foi chave para obter a vitoria ante un perigoso opoñente. Cami abriu o marcador coa superioridade numérica antes do descanso, e á volta dos vestiarios Pepa equilibrou o electrónico.

Cilene e Bea Mateos deron vantaxe ao Burela FSF aproveitando o recurso da porteira-xogadora. Pepa, de novo, recurtou diferenzas a prol das locais. No minuto 36, a propia xogadora do UCAM El Pozo Murcia introduciu o balón para súa propia portería. Segundos despois, Jenny certificou o triunfo das visitantes, antes de que Patri anotara o 3-5 final.

O ALICANTE, VINDEIRO RIVAL

O Futsi gañou 3-1 ao Majadahonda e segue a depender de si mesmo para gañar a Liga. Na vindeira xornada, o equipo branquivermello disputará outro derbi madrileño, fronte ao Leganés, mentres que o Burela FSF medirase ao Universidad de Alicante en Vista Alegre

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...