InicioCulturaUnha curta do burelao Adrián Canoura, elixida para competir no Festival de...

Unha curta do burelao Adrián Canoura, elixida para competir no Festival de Cans

'Caerán lóstregos do ceo' optará ao galardón FuraCans, de non ficción, canda outras oito pezas audiovisuais

Publicada o

- Advertisement -

O realizador de Burela Adrián Canoura competirá no Festival de Cans coa súa premiada curtametraxe ‘Caerán lóstregos do ceo’.

A cinta, a terceira do director mariñao despois de ‘O porco e o seu espírito‘ e ‘Salitre nas veas‘, foi elixida canda outras oito pezas audiovisuais para sección FuraCans, de non ficción. A organización do certame destaca da obra que se sitúa “entre a natureza e a mística”.

DO 22 AO 25 DESTE MES

O Festival de Cans celebrarase do 22 ao 25 de maio na parroquia do mesmo nome, situada no concello do Porriño.

ENTRE O MELLOR DO 2018

A distinción é unha mostra de apoio máis á obra de Canoura, premiada no festival Filmadrid e recoñecida pola crítica francesa Nicole Brenez como unha das mellores cintas do pasado ano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...