Unha mindoniense, investigada por denunciar un falso roubo en Burela

Denunciara ante a Garda Civil un suposto furto no seu coche cando estaba estacionado no peirao da localidade burelá

Vehículo da Garda Civil. AXM

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Mondoñedo, de 30 anos de idade, como suposta autora dun delito de simulación de delito.

A investigada presentouse en dependencias oficiais da Garda Civil o pasado 9 de maio para denunciar que se producira un roubo no interior do seu vehículo, cando o coche estaba estacionado nas inmediacións do peirao de Burela.

A DISPOSICIÓN XUDICIAL

A investigación iniciada pola Garda Civil provocou un xiro nos acontecementos, porque a denunciante acabou imputada en calidade de investigada por simular un delito. Segundo informou a Benemérita nun comunicado, a denunciante pasou a disposición da autoridade xudicial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here