IniciosociedadeO Concello de Burela convidará á Raíña Letizia para que entregue a...

O Concello de Burela convidará á Raíña Letizia para que entregue a Copa de fútbol sala feminino

Llano cre que a súa presenza no torneo, recén nomeado co seu nome, sería "extraordinaria" para valorar o campionato e a comarca da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela anunciou que convidará de xeito oficial á Raíña Letizia a acudir á localidade o vindeiro 16 de xuño para a entrega da Copa da Súa Maxestade A Raíña de Fútbol Sala Feminino, que se vai disputar do 14 ao 16 de xuño.

O alcalde, o socialista Alfredo Llano, considera que esta visita sería “moi importante para o deporte, para a comarca da Mariña Lucense e para Burela”.

É a terceira edición que se vai desenvolver en Burela dunha competición que vén de ser nomeada como a Copa da Raíña. Así, Llano subliña que “a nomenclatura é moi clara e queremos darlle importancia e valor a este campionato. Se puidera vir e entregar o trofeo na final sería extraordinario para o deporte, para a comarca e para Burela”, expón.

NOVA XUNTANZA PARA A RTP

A vindeira reunión para a elaboración da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Burela será o vindeiro xoves, día 23, ás 11.00 horas.

Nela abordarase unha proposta inicial de cuantificación da puntuación, é dicir, que métodos se seguirán para dar a cada un dos postos de traballo unha valoración en puntos concreta, a partir da que se iniciarán as negociacións para concretar os salarios e outros puntos do convenio laboral.

Llano engadiu que “se esta reunión remata coa aceptación da forma de valorar e de realizar as propostas, iríamos avanzando xa de cara a sacar unha RPT definitiva para o noso Concello”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...