- Advertisement -
O Pescados Rubén Burela Fútbol Sala informou este venres que denunciará ante a Garda Civil o uso fraudulento do seu nome nunhas rifas que, presuntamente, estanse a vender na localidade lucense.
Nun comunicado de prensa, a entidade laranxa explica que recibiu a información de que “unha persoa está a vender rifas a nome da entidade polos comercios” da zona.
FRAUDE
O Burela FS apunta que presentará unha denuncia ante a Garda Civil polo “uso fraudulento do seu nome nunha actividade coa que non garda ningún tipo de relación“.