InicioDeportesO Burela FSF supera ao Alicante e loitará pola Liga na última...

O Burela FSF supera ao Alicante e loitará pola Liga na última xornada

Bea Mateos, cun hattrick, comanda a vitoria do equipo laranxa, que na última rolda deberá agardar un tropezo do Atlético Navalcarnero para levantar o título

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF loitará polo título da Liga Foro 16 Feminismo ata o último día. O cadro laranxa levará ao límite ao Atlético Navalcarnero, que depende de si mesmo, despois de que os dous aspirantes ao trofeo gañasen os seus respectivos partidos na penúltima xornada.

O conxunto burelao superou con dificultades (3-2) a un rival complicado, como sempre é o Universidad de Alicante, mentres que o cadro branquivermello derrotou con solvencia (5-0) ao Leganés no derbi madrileño.

As discípulas de Julio Delgado e Lucas desprazaranse na última rolda da competición á pista do Femisport; as pupilas de Andrés Sanz, cos mesmos puntos cás da Mariña Lucense e a diferenza de goles particular a favor, visitarán ao Alcorcón.

Bea Mateos mantivo na pelexa ao Burela FSF cun ‘hattrick’. A xogadora salmantina puxo axiña en vantaxe ás locais, no inicio do encontro, e anotou o 2-0 no minuto 8. Segundos despois, Elenita reduciu diferenzas para o equipo visitante, pero a capitá ampliou a renda de novo. Ángela marcaría o 3-2 antes do descanso, deixando o partido aberto para a segunda metade.

No segundo acto, ambos equipos tiveron ocasións para marcar. O Alicante empurrou nos últimos minutos, pero Jozi estivo atenta para desbaratar as acometidas das visitantes e certificar a vitoria dun Burela FSF que se gañou o dereito a soñar co título ata a última xornada de Liga.

PEQUE, A MELLOR DO CURSO

A á-pivote madrileña Patricia González Mota, Peque, que causou baixa para o encontro por unha lesión, foi distinguida co Premio Sandoz á mellor xogadora da tempada 2018-2019 do Pescados Rubén Burela FSF.

Entrega do premio. AXM

Adestradores e seareiros participaron na escolla da futbolista máis regular e decisiva do curso para o equipo laranxa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...