IniciosociedadeO alumnado do IES de Foz gaña o primeiro certame de podcast...

O alumnado do IES de Foz gaña o primeiro certame de podcast en galego

O xurado do concurso, convocado polo instituto Rosalía de Castro e Arraianos Producións, destaca "a calidade no uso da lingua e estilo narrativo" do traballo premiado

Publicada o

- Advertisement -

O alumnado de primeiro da ESO do IES de Foz resultou gañador da primeira edición do Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico en Galego Xosé Mosquera Pérez, dedicado á persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas, que este ano é o antropólogo Antón Fraguas.

“O xurado decidiu por unanimidade premiar ao alumnado de primeiro da ESO deste centro público pola especial calidade no uso da lingua e o estilo narrativo, así como polo seu carácter innovador, no seu podcast ‘Antón Fraguas en directo‘”, sinalou o xurado na súa acta.

Deste xeito, o alumnado fíxose cun premio de 1.000 euros e unha estatua do Vello dos Contos -o personaxe radiofónico creado nos anos 30 por Mosquera Pérez, quen dá nome a este certame-, entregados nunha gala celebrada este martes no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.

CORENTA PARTICIPANTES

O IES de Foz resultou elixido como o mellor entre os 40 participantes do concurso, promovido polo IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

O xurado tamén entregou un accésit -dotado con 500 euros, un diploma e unha escultura- ao IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas polo seu traballo ‘Polo río abaixo vai?‘, no que o alumnado reflexionou sobre o patrimonio material e inmaterial da súa contorna, facendo dos muíños os protagonistas dunha historia na que a banda sonora é fundamental”.

ÚLTIMAS

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...