IniciosociedadeAlumnado de oito centros da Mariña e Ortegal inicia o mércores en...

Alumnado de oito centros da Mariña e Ortegal inicia o mércores en Viveiro as probas de acceso á universidade

Arredor de 220 estudantes realizarán no IES Vilar Ponte as probas, que comezarán con Lingua Castelá e Literatura II

Publicada o

- Advertisement -

Arredor de 220 estudantes da Mariña Lucense e Ortegal comezarán o vindeiro mércores no IES Vilar Ponte de Viveiro as probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), que se prolongarán ata o venres 14.

IES Vilar Ponte e María Sarmiento, de Viveiro; IES Marqués de Sargadelos, de Cervo; IES Monte Castelo e O Perdouro, de Burela; IES de Foz; IES Dionisio Gamallo Fierros, de Ribadeo, serán os centros da Mariña Lucense que achegarán estudantes ás probas. Tamén participará alumnado do instituto de Ortigueira.

DEZ SEDES EN GALICIA

En total, 11.398 estudantes examinaranse ao longo desta semana en Galicia para acceder á educación superior.

Viveiro será unha das sete sedes de Galicia que acollerán os exames. A Coruña é a provincia que conta con máis estudantes matriculados, 5.545, seguida de Pontevedra, con 3.599, Lugo, con 1.197, e Ourense, con 1.057.

Ademais das sete grandes cidades galegas, que inclúen Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol, a localidade ourensá de A Rúa e a coruñesa de Cee serán xunto con Viveiro as únicas vilas onde se poderán realizar os exames.

HORARIOS

Segundo informou a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG), a presentación será ás 9.00 horas, seguida do exame de Lingua Castelá e Literatura II, Historia de España, Lingua Galega e Literatura II e, xa pola tarde e de xeito simultáneo, InglésFrancés, Alemán, Italiano e Portugués.

O 13 de xuño celebraranse as probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, Fundamentos da Arte II, Matemáticas II, Latín II, Debuxo Técnico, Artes Escénicas, Segunda Lingua Estranxeira, Física, Xeografía, Cultura Audiovisual, Química e Grego II.

Por último, o 14 de xuño realizaranse, só en quenda de mañá, os exames de Bioloxía, Historia da Arte, Xeoloxía, Historia da Filosofía, Economía da Empresa e Deseño.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...