IniciosociedadeVillares participou no 40 aniversario das primeiras municipais democráticas en Madrid

Villares participou no 40 aniversario das primeiras municipais democráticas en Madrid

O alcalde cervense estivo presente nunha cerimonia da FEMP coa que se conmemoraron os corenta anos dos comicios, aos que se presentaron 63 candidaturas na Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, participou este luns nos actos conmemorativos do 40º aniversario das primeiras eleccións municipais democráticas, que tivo lugar na sede da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en Madrid.

O rexedor, presidente da Comisión de Medio Ambiente da FEMP e vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), presenciou a cerimonia, na que Felipe VI recibiu a Chave de Ouro do Municipalismo.

“Temos que poñer en valor eses 40 anos de traballo de todas esas persoas plenamente involucradas na vida pública cuxa forza foi o xerme da prosperidade, desa democracia que hoxe temos que seguir cultivando, e na que debemos seguir participando”, sinalou o alcalde cervense.

Villares recordou que “tiña case 9 anos” cando se celebraron os comicios, o 3 de abril. “Meu pai presentábase para ser representante local polo Concello de Cervo, e teño o recordo moi marcado de acompañalo a facer o reparto de papeletas”. “Onte estivo meu pai, hoxe estou eu, e mañá será a quenda dos nosos fillos”, sentenciou.

63 CANDIDATURAS NA MARIÑA

Aos primeiros comicios locais da democracia presentáronse na Mariña un total de 63 candidaturas de trece formacións e elixíronse quince alcaldes (Burela aínda formaba parte do municipio de Cervo). A Unión de Centro Democrático (UCD) foi o partido máis votado en nove concellos da comarca.

En Alfoz, concorreron ás eleccións UCD, Agrupación Electoral de Foz, Candidatura Independiente de Alfoz e Organización Revolucionaria de los Trabajadores (ORT).

En Barreiros, UCD, Bloque Nacional Popular Galego (BN-PG) -formación na orixe do BNG- e ORT.

En Cervo, UCD, Coalición Democrática (CD), BN-PG, Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e ORT.

En Foz, UCD, Partido Socialista Obrero Español Histórico (PSOE H), PSOE, CD e ORT.

En Lourenzá, Independentes por Lourenzá, UCD, PSOE e ORT.

En Mondoñedo, UCD, CD, BN-PG, PSOE e ORT.

En Ourol, BN-PG, UCD e ORT.

Na Pontenova, CD, UCD, BN-PG e ORT.

En Ribadeo, UCD, Candidatura Progresista Independiente, CD, PSOE e ORT.

En Riotorto, Independentes por Riotorto, UCD, BN-PG e ORT.

En Trabada, Independentes, PSOE, UCD e ORT.

No Valadouro, UCD, CD, Unidade Galega (UG) e ORT.

No Vicedo, UCD, CD e ORT.

En Viveiro, UCD, CD, PSOE, BN-PG e ORT.

En Xove, Independentes por Xove, PSOE, UG, BN-PG e ORT.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...