Unha interpretación histórica da Asociación Cultural Pasatempo e un concerto de música andalusí, cristiá e sefardí son as novidades da vindeira edición do Mercado Medieval de Mondoñedo.
O concelleiro de Cultura, Alberto García, anunciou os reclamos este sábado na presentación do cartel do evento, que se celebrará do 9 ao 11 de agosto.
Nos vindeiros días, o concello irá dando a coñecer a programación completa na que terán continuidade espectáculos como o torneo e o campamento medieval, a cea do sábado ou as actuacións na rúa.
Como cada ano o casco histórico encherase con preto de 150 postos de artesanía, alimentación, ambientación e levaranse a cabo numerosas demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación.
PROMOCIÓN NOUTRAS VILAS
Como nas últimas edicións, a feira, declarada de Interese Turístico Galego, presentarase noutras vilas e cidades como Ribadavia onde celebran a pioneira Festa da Istoria ou en Santiago de Compostela, onde se programará un pequeno espectáculo.
COLABORACIÓN DA VECIÑANZA
A alcaldesa, Elena Candia, agradeceu a implicación de todas as veciñas e veciños na Feira, que devolve a Mondoñedo á epoca medieval.
A rexedora tamén destacou a “colaboración de voluntarios e traballadores do Concello, ademais do comercio e hostalería local”