IniciosociedadeOs empresarios da Mariña solicitan á Xunta unha axuda para un curso...

Os empresarios da Mariña solicitan á Xunta unha axuda para un curso de socorrismo

A FCAM pide ao Goberno galego 250.000 euros para un plan de emprego ante as dificultades para atopar vixilantes, que "danan a imaxe da comarca" e prexudican ao sector turístico

Publicada o

- Advertisement -

A Federación de Comercio A Mariña (FCAM) proxecta impartir un curso de socorrismo en espazos acuáticos naturais. O colectivo de empresarios solicitou á Consellería de Economía unha axuda de 250.000 euros para poñer en marcha un Programa Integrado de Emprego (PIE) que incluiría esta formación específica, ademais doutras formacións.

A entidade -que reúne asociacións empresarias de Foz, Ribadeo, Burela, Xove, Viveiro, Covas, O Vicedo e Lourenzá– pretende contribuír a “solucionar a carencia de vilantes na comarca” que, consideran, “un problema” para o sector turístico.

Presentación da memoria do plan de emprego solicitado pola FCAM. AXM

FORMACIÓN DE 420 HORAS

“Os Concellos nos últimos anos están a ter moitas dificultades para atopar profesionais que traballen durante o verán no nosos areais. E pensamos que é preciso buscar solucións para que este feito non volva a producirse. A imaxe que se está a ofrecer non é a que precisamos“, expoñen os comerciantes.

Así, unha das prioridades do PIE solicitado é o curso con certificado de profesionalidade para socorristas, que terá unha duración de 420 horas (340 teórica e 80 de prácticas profesionais non laborais).

FORMACIÓN EN COMERCIO E HOSTALERÍA

Ademais, impartiríase formación en atención básica ao cliente (50 horas teóricas e 40 prácticas) e operacións básicas de restaurante e bar (120 horas teóricas e 80 prácticas).

O programa ofrecería formación a 100 persoas, coa previsión de inserción laboral para un 35%, segundo especifica a memoria do proxecto, que recolle o respaldo das 900 asociadas e asociados da FCAM.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...