Sete mariñaos na nova executiva provincial do PSOE, con Patricia Otero á fronte

María Loureiro ostentará unha vicesecretaría e tamén formarán parte da directiva Suso Fernández, Marta Rey, Fran Cajoto, Esperanza González e Ramiro Fernández Rey

Comisión executiva do PSdeG-PSOE lucense, con Gonzalo Caballero. AXM

O congreso provincial extraordinario do PSdeG-PSOE de Lugo respaldou maioritariamente á nova secretaria xeral do partido socialista a nivel lucense, a deputada parlamentaria e ex concelleira de Burela Patricia Otero.

Otero, que se impuxo nas primarias celebradas o pasado 20 de xullo ao alcalde de Castroverde, José María Arias, recibiu 89 votos a favor e ningún en contra, mentres que se abstiveron 16 delegados, polo que foi proclamada como secretaria xeral do partido a nivel provincial.

A comisión executiva provincial estará integrada, ademais de por Otero, polo titular da Deputación e alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, como presidente, e pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, como presidenta de honra.

Todos os cargos. AXM

A organización socialista a nivel lucense terá tres vicesecretarías, das que unha delas -a de goberno local- estará en mans da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. O edil na capital lucense Miguel Couto ostentará a vicesecretaría xeral, e José Luis Raposo, rexedor de Pedrafita do Cebreiro, será o vicesecretario de acción política.

Marta Rey, edil de Ribadeo, será a secretaria de turismo; Fran Cajoto, alcalde de Foz, secretario de industria e innovación tecnolóxica; Esperanza González, edil en Mondoñedo, levará a delegación de formación; Suso Fernández, tenente de alcalde de Viveiro, ocuparase de mar.

Ramiro Fernández Rey, coordinador na Mariña Lucense, completará a representación mariñá na comisión executiva.

O OBXECTIVO, AS AUTONÓMICAS DE 2020

Na súa intervención, Otero chamou a traballar para que nas eleccións galegas previstas para 2020, o PSOE sexa “a primeira forza” na provincia e así contribuír a que Gonzalo Caballero sexa “o próximo presidente da Xunta de Galicia“.

CABALLERO PIDE A FEIJÓO QUE FACILITE A INVESTIDURA

Así, asegurou que a etapa de Alberto Núñez Feijóo á fronte do Executivo autonómico “é un fracaso” e ten “data de caducidade”.

O propio Caballero interviu no acto, nun discurso no que instou a Feijóo a que pida aos deputados do PP que “posibiliten a formación dun goberno do PSOE  en España, o único viable á vista dos resultados” electorais.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here