Os concellos da Mariña reciben un total de 53.613,12 euros do Estado para a loita contra a violencia de xénero.
A Delegación do Goberno en Galicia ofreceu os datos dos fondos destinados aos municipios galegos, entre os que se reparte 1.054.944 euros (152.225,31 os da provincia de Lugo) en 2019.
DISTRIBUCIÓN DOS FONDOS
As maiorías contías corresponden a Ribadeo, con 17.838,23 euros, e Burela, con 17.759,39 euros.
O resto dos fondos distribúense como segue: Alfoz recibe 1.009,76 euros; Cervo, 1.458,32; Foz, 2.476,58; Lourenzá, 1.089,32; Mondoñedo, 1.358,96; Ourol, 871,88; A Pontenova, 1.108,40; Riotorto, 920,84; Trabada, 890,06; O Valadouro, 1.049,36; O Vicedo, 1.003,46; Viveiro, 3.448; e Xove, 1.290,56.
CRITERIOS DE REPARTO
Os municipios perciben unha cantidade fixa de 689 euros e outra variable, en función da poboación, de 0,18 euros por habitante.
Ribadeo, Burela e Viveiro, adscritos ao Sistema de Seguimiento Integral de Violencia de Género (Viogen), perciben fondos a maiores para que as policías locais reforcen o persoal dos corpos e forzas de seguridade do Estado na protección das vítimas. O concello viveirense sumouse en febreiro deste ano.
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou que “a loita contra a violencia de xénero é unha prioridade absoluta para o Goberno”.
Neste senso, recordou a decisión de devolver aos concellos as competencias nesta materia na que, subliñou “a proximidade coas vítimas é fundamental”.
PRIORIDADES EN GALICIA
Entre as liñas de traballo establecidas para Galicia, remárcanse como prioridades “a constitución ou reactivación das mesas locais de coordinación institucional” e a “participación das policías locais, en coordinación coas forzas e corpos de seguridade do Estado, na protección das vítimas”.
Foz e Mondoñedo son os únicos concellos da Mariña con corpos locais que, polo momento, non se adscribiron ao programa Viogen.