IniciosociedadeA Deputación facilitará a doce Concellos da Mariña cobrar ás enerxéticas por...

A Deputación facilitará a doce Concellos da Mariña cobrar ás enerxéticas por usar espazos públicos

Alfoz, Barreiros, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro e O Vicedo son os municipios adheridos ao convenio

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Deputación de Lugo avanzou nun “proxecto pioneiro” para que 53 concellos da provincia, entre eles doce da Mariña Lucense, poidan obter novos recursos económicos a través da aplicación dunha taxa ás compañías eléctricas e de gas polo uso que fan dos bens de dominio público para o transporte de enerxía.

Para conseguir a implantación deste novo tributo municipal, a Diputación asinara xa o ano pasado un convenio de colaboración cos 53 concellos que decidiron sumarse a este proxecto, o que supón preto dun 80% do total dos municipios lucenses.

En concreto, os 53 concellos que se adheriron a este convenio son Abadín, Alfoz, Baleira, Barreiros, Baralla, Becerreá, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, O Corgo, Cospeito, Chantada, O Courel, A Fonsagrada, Foz, Friol, Xermade, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pantón, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Ribadeo, Riotorto, Rábade, Sarria, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro.

CONFECCIÓN DE ORDENANZAS REGULADORAS

O presidente da institución provincial, José Tomé, informou de que este venres “adxudicouse o conxunto de traballos técnicos, económicos e administrativos que son necesarios para a aplicación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local que fan as empresas de subministro eléctrico e de gas”.

En concreto, as tarefas que foron contratadas inclúen a confección de ordenanzas fiscais reguladoras da taxa para os 53 concellos en cuestión, a revisión e actualización dun inventario xa realizado pola Deputación das liñas de transporte de enerxía eléctrica de media e alta tensión e, tamén, a elaboración dun inventario das redes de transporte de gas.

INFORMES TÉCNICOS, XURÍDICOS E ECONÓMICOS

Así mesmo, contratouse a elaboración dos informes técnicos, xurídicos e económicos nos que se defina o procedemento para o cálculo da taxa, a estimación dos ingresos que supoñerá a implantación do gravame para cada concello e, para rematar, o asesoramento pericial ante calquera posible recurso das compañías distribuidoras de enerxía afectadas pola nova ordenanza.

Todos estes servizos serán prestados pola UTE ganadora do contrato que saíu a licitación, integrada por Fillos de Valbuena e Ron S., L., e Iurislocalia LSP. O orzamento do contrato ascende a preto de 250.000 euros, e o seu prazo de execución é de catro anos.

Aínda así, durante os primeiros oito meses, a adxudicataria terá que elaborar o inventario das afeccións das liñas eléctricas aos bens municipais de dominio público e o estudo técnico económico para a implantación da taxa.

AUMENTO DOS RECURSOS

“Este interesante e ambicioso proxecto é froito do noso compromiso coa máxima cooperación cos Concellos para que poidan mellorar e ampliar os servizos que prestan aos seus veciños”, indicou Tomé.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...