IniciosociedadeSeis chefs e un panadeiro forman a Asociación de Cociñeiros da Mariña

Seis chefs e un panadeiro forman a Asociación de Cociñeiros da Mariña

O colectivo, sen ánimo de lucro, promocionará a cultura gastronómica da bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

Seis chefs e un panadeiro integran a Asociación de Cociñeiros da Mariña, que se presentou este martes en Mondoñedo. O colectivo, sen ánimo de lucro, ten o obxectivo de promocionar e difundir a cultura gastronómica da bisbarra, cunha aposta polo produto local e polo consumo de auga Km 0

David Rodríguez Moledo, do restaurante A Mirandilla de RinloBruno Perna Arnaú, responsable de A horta da Paula, en MondoñedoJesús Villarino Gavín, do Asador, en Barreiros; Jorge López, do Pazo de Tovar, no municipio de Lourenzá; Michel Cociña, de Casa Miranda, en BurelaAlejandro Arca Uría, do Arume Gastrobar de Viveiro; e
Waldo Jose González Redondo, da Panadería Rubal, en Mondoñedo, son os membros da agrupación de cociñeiros mariñá.

O colectivo contará co patrocinio do goberno local mindoniense, que cederá locais sociais para as súas xuntanzas. Os chefs lucirán nos seus uniformes o distintivo dos produtos Horta de Mondoñedo, que darán a coñecer co seu traballo.

A alcaldesa mindoniense, a popular Elena Candia, sinalou que “a través deste proxecto, o municipio pon en valor o seu pan, a súa horta e a súa auga, e o que é máis importante, o factor humano, mozos profesionais que co seu traballo sacan adiante o mellor resultado”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...