InicioCultura(VÍDEO) 'Mans salgadas', do IES de Foz, premio ao mellor guion no...

(VÍDEO) ‘Mans salgadas’, do IES de Foz, premio ao mellor guion no festival de cinema de Ourense

A curta, que percorre o ciclo do mar, recibiu o galardón Blanco Amor no concurso para centros educativos da mostra internacional

Publicada o

- Advertisement -

O IES de Foz recibiu en Ourense o premio ao mellor guion na décima edición do certame de cinema OUFF Escola, pola obra ‘Mans salgadas‘.

OUFF Escola é un certame de cinema convocado pola concellaría de cultura de Ourense e pola consellería de cultura e turismo no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). Nacido hai dez anos, ten os obxectivos de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico.

Nesta edición, o primeiro premio na categoría de Infantil e Primaria foi para ‘Agapito vai de viaxe, do CEIP Plurilingüe de Palmeira (Ribeira). O segundo premio recaeu en ‘A gorra da sorte‘, do CPR Plurilingüe María Assumpta (Noia) e o Premio Blanco Amor ao mellor guión, ‘É o meu aniversario‘, do CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu).

RETRATOS DOS OFICIOS MARIÑEIROS

Na categoría de secundaria, o primeiro premio de Outros niveis de ensino non universitario lle foi concedido ao IES Isaac Díaz Pardo (Sada) pola curta ‘Deámoslles voz. O segundo recaeu na proposta ‘Pulso‘, do IES Chan do Monte (Marín). Nesta modalidade, o Premio Blanco Amor ao mellor guión correspondeulle ao instituto focego, cuxa obra percorre o ciclo do mar e retrata os antigos oficios mariñeiros.

Rosa Martín, Marta Rega, Uxía Rodríguez, Eva Martínez, Carla Neira, Iria Araúzo, Manuel Menacho, Carla Palmeiro e Diana Rodil -alumna do IES San Rosendo de Mondoñedo-, estudantes de 3º da ESO e 1º de Bacharelato, participaron na realización da curtametraxe, ao abeiro do concurso ‘Vidas mariñeiras‘ do Galp A Mariña-Ortegal. Podes velo nesta ligazón.

“CREATIVIDADE”

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou o pasado martes na décima gala de entrega dos premios, celebrada no Auditorio Municipal da Cidade das Burgas.

García valorou o esforzo realizado por profesorado e alumnado para realizar estas curtas, “que son unha mostra da creatividade e da capacidade da mocidade para expresar o que é, pensa, sente ou lle preocupa en lingua galega”. O secretario xeral tamén quixo animar “a todo o profesorado a empregar o audiovisual como vía para un ensino innovador, atractivo e comunicativo da lingua propia de Galicia”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...