Tomé insta á Xunta a asumir a xestión das residencias de Ourol e A Pontenova

O presidente da Deputación agarda que Feijóo teña "a mesma sensibilidade" cos centros de titularidade provincial sen rematar que "coas propostas da Fundación Amancio Ortega"

José Tomé / AXM.

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, instou no Parlamento galego á Xunta de Galicia a que asuma as súas competencias en materia de asistencia social e integre as 18 residencias de titularidade provincial sen rematar, entre elas as de Ourol e A Pontenova, na rede autonómica de centros de coidado de maiores.

O responsable do goberno provincial compareceu na comisión de orzamentos, na que pediu ao presidente do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, que mostre “a mesma sensibilidade” coas residencias de titularidade provincial que tivo “coas propostas realizadas pola Fundación Amancio Ortega, á que hai que agradecer a súa xenerosidade”.

TRABADA E RIBADEO, ASEGURADAS NOS ORZAMENTOS

Podes ler nesta ligazón a crónica parlamentaria de Moncho Mariño para Lugo Xornal, coas intervencións dos representantes de todos os partidos e coa información sobre a presentación dos orzamentos provinciais, que Tomé cifrou en 92 millóns de euros, con financiamento para os centros de maiores rematados, os de Trabada e Ribadeo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here