IniciosociedadeSuspenden as actividades no exterior dos centros educativos da Mariña o vindeiro...

Suspenden as actividades no exterior dos centros educativos da Mariña o vindeiro mércores

A bisbarra estará en alerta laranxa por refachos de ata 100 quilómetros por hora

Publicada o

- Advertisement -

A Comisión Escolar de Alertas da Xunta de Galicia suspenderá o mércores as actividades no exterior dos centros educativos radicados nas zonas decretadas con alerta laranxa por refachos de vento superiores a 100 quilómetros por hora, desde as 9.00 ata as 21.00 horas, entre elas A Mariña Lucense.

Segundo o establecido por MeteoGalicia, este adverso afectará as zonas de predición meteorolóxica do oeste da provincia da Coruña, a Mariña luguesa e montaña da provincia de Ourense.

En todo caso, as direccións dos centros escolares das zonas excluídas desta alerta poderán adoptar as decisións que estimen oportunas se consideraran un risco superior ao declarado.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...