InicioEconomíaSeguen as negociacións en Bruxelas tras tombar Francia a redución á metade...

Seguen as negociacións en Bruxelas tras tombar Francia a redución á metade do recorte da pescada sur

A proposición eliminaba tamén a redución do 50% que Bruxelas expuña para o xurelo do sur; a Xunta reclama un roll over na merluza de Gran Sol

Publicada o

- Advertisement -

Os ministros de Pesca da Unión Europea rexeitaron este martes pola mañá unha primeira proposta de compromiso que aliviaba o recorte para as capturas de pescada do Cantábrico e mantiña a cota deste ano no caso do xurelo pescado ao sur de Fisterra, unhas “melloras importantes” que, con todo, a delegación española considera que “non son aínda suficientes”.

En concreto, o documento recollía un recorte do 10% para a pescada sur, fronte á redución do 20% que propuña a Comisión Europea. Ademais, eliminaba a redución do 50% que Bruxelas expuña para o xurelo do sur e fixaba un nivel idéntico ao deste ano.

Esta proposta elaborada por Finlandia, no seu papel de presidencia de quenda da UE, foi rexeitada polos responsables de Pesca dos 28, polo que se disolveu a reunión para abrir a porta a novos contactos bilaterais á espera dun novo texto, previsto para esta tarde.

A FROTA ARTESÁ, PRINCIPAL PREXUDICADA

“Seguimos insistindo en que estas melloras, sendo unhas melloras importantes, non son aínda suficientes porque non supoñen unha garantía para a frota máis afectada“, dixo en declaracións aos medios a secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz, en referencia aos buques artesanais que ten unha “capacidade moi limitada” para dirixir a súa actividade a outras pesquerías.

LINGUADO

“Queda moito por facer, queda moito por diante, incluída a noite, e cremos que é necesario aínda avanzar bastante”, resumiu. Ademais dos avances con respecto á pescada do Cantábrico e o xurelo do sur, Villauriz destacou tamén a mellora para o linguado capturado ao sur de Fisterra, cuxo recorte pasou do 40% ao 30%.

As negociacións están “complicadas” en particular, explicou, pola oposición de Francia ás medidas técnicas que se queren impor para mellorar a selectividade das capturas ao oito Estados membros con buques que pescan no mar Céltico.

Para España, explicou, estas medidas tamén supoñen un “sacrificio”, pero que o sector xa ten “asumido” porque o Goberno se adiantou en maio coa publicación en maio dunha norma neste sentido. “Temos os deberes feitos de antemán”, asegurou.

PESCADA DE GRAN SOL

A Conselleira de Mar, Rosa Quintana, asegurou que no tocante á pescada do norte, Gran Sol, mostrouse con “esperanza” dado que “o Reino Unido defende a nosa mesma posición”, de reclamar un ‘roll over’ (prórroga), “posto que hai posibilidades de manter o stock en boa condición sen prexuízos económicos nin sociais para a frota”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...