IniciosociedadeTras Elsa, Galicia prepárase para recibir a Fabien, que o sábado activará...

Tras Elsa, Galicia prepárase para recibir a Fabien, que o sábado activará a alerta vermella na costa

Na Mariña agárdanse ondas de ata sete metros e ventos de 100 quilómetros por hora

Publicada o

- Advertisement -

Despois de padecer a forza da borrasca Elsa, que deixou en Viveiro ventos superiores aos 138 quilómetros por hora (km/h), Galicia recibirá desde o sábado a Fabien, outro vento de temporal, mar e chuvia que activará a alerta vermella (risco extremo) no litoral.

En principio, na Mariña Lucense activarase o aviso laranxa, o de segundo grao de perigosidade, pero o prognóstico podería cambiar ao longo da xornada do venres. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), na Coruña e Pontevedra agárdanse ondas de ata nove metros, na bisbarra espéranse ventos do oeste ou suroeste de forza 8 ou 9 e mar combinado do oeste con ondas de ata sete metros.

 

Tamén se activará a alerta laranxa por ventos, con refachos que poderían alcanzar os 100 km/h. O temporal costeiro e de aire deixaráse notar desde as primeiras horas da mañá; na madrugada do sábado manteranse activos senllos avisos de nivel amarelo, o de menor incidencia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...