InicioPolíticaO PSOE gobernará en solitario en Burela tras rexeitar "definitivamente" o BNG...

O PSOE gobernará en solitario en Burela tras rexeitar “definitivamente” o BNG entrar no executivo

O Bloque non ve "a confianza suficiente" para "desenvolver un proxecto común" e desbota o bipartito tralo último achegamento, este mércores

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE de Burela gobernará o municipio en solitario e en minoría, con seis edís dos trece da corporación -por catro de PP e tres do Bloque Nacionalista Galego (BNG)-, despois de que o Bloque confirmase a última hora deste mércores que rexeita a posibilidade de integrarse nun executivo municipal de coalición.

Ambas as formacións políticas mantiveron un encontro este mércores trala celebración dun pleno extraordinario para a toma de posesión como concelleiro do edil socialista Ramiro Fernández Rey, ausente no pleno de investidura do socialista Alfredo Llano como alcalde.

Segundo confirmou o voceiro do Bloque, Mario Pillado, os socialistas achegaron unha oferta para a integración do BNG no executivo que a formación nacionalista decidiu rexeitar trala reunión do grupo municipal celebrada na tarde-noite deste mércores.

Desde o BNG non se referiron ás condicións do pacto proposto polos socialistas e sinalan que o seu rexeitamento débese a que “non percibimos o nivel de confianza suficiente para desenvolver un proxecto común durante toda a lexislatura. Por iso tomamos esta decisión, que é definitivaasumimos as consecuencias que deriven dela e seguiremos adiante na oposición”.

CRÍTICAS AO PLENO EXTRAORDINARIO

Partido Popular e Compromiso por Galicia (CxG) criticaron a celebración do pleno extraordinario para a toma de posesión do edil socialista. A sesión plenaria de organización foi adiada ata “luns ou martes” da vindeira semana.

Os conservadores cualificaron a convocatoria, “24 horas antes do pleno“, de “ridícula” e de “humillación” para os burelaos, e preguntaron “que cargo desenvolveu o señor Fernández Rey ata agora”. Para o PP, a citación de urxencia por parte do goberno local demostra “a parálise institucional” do municipio.

CxG, pola súa banda, cifrou en 800 euros “o gasto en dietas” para a sesión plenaria.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...