IniciosociedadeCandia pide o arranxo da N-634 tras prohibirse este xoves o paso...

Candia pide o arranxo da N-634 tras prohibirse este xoves o paso de camións e articulados polo Fiouco

A rexedora de Mondoñedo reclama melloras na estrada alternativa á A-8 tras decretar a DGT o nivel de servizo vermello entre os quilómetros 536 e 552

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) tomou a decisión de prohibir o paso de camións e vehículos articulados pola Autovía do Cantábrico, no Alto do Fiouco, como consecuencia dos fortes refachos de vento que dificultan a circulación nese punto.

A A-8 quedou cortada ao tráfico de vehículos pesados esta mañá, ás 08.29 horas, segundo informou a propia Dirección Xeral de Tráfico, que ha decretado o nivel de servizo vermello, de modo que tamén se lles recomenda aos condutores doutro tipo de automóbiles que circulen con precaución por ese punto.

Esta situación afecta ao tramo comprendido entre os quilómetros 536 e 552, entre os municipios de Mondoñedo e Abadín.

PROXECTO DE CATRO MILLÓNS

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, reclamou este xoves que se retome por parte do Ministerio de Fomento -agora Transportes- o proxecto para arranxar a estrada Nacional 634 ao seu paso por este municipio lucense, dado que nas condicións actuais “non é unha alternativa segura” cando as condicións climáticas obrigan a pechar a Autovía do Cantábrico (A-8) no Fiouco.

Candia recordou que o sucedido no Fiouco, onde os fortes refachos de vento obrigaron a restrinxir o tráfico para camións e vehículos articulados, é “un fenómeno bastante frecuente“, como consecuencia da elevada altura dos viaductos da A-8 nun lugar no que sopra con forza.

Por iso, insistiu en que, ademais de buscar unha solución aos problemas que provoca a néboa, mediante a coñecida convocatoria pública de “compra innovadora”, é “urxente e necesario” abordar o proxecto de mellora da Nacional 634 ao seu paso por Mondoñedo, cifrado en 4 millóns de euros, “unha cantidade perfectamente asumible para o Ministerio de Fomento”.

A alcaldesa asegurou que non se trata dunha reivindicación de corte “localista”, senón dunha demanda para liquidar “un problema de seguridade” que afecta aos usuarios desta vía.

ALERTA LARANXA E VENTOS DE 114,5 KM/H

A Mariña Lucense continúa en alerta laranxa por vento e amarela por temporal costeiro. Segundo os datos ofrecidos por Meteogalicia, na estación de Penedo do Galo (Viveiro) rexistráronse refachos de 114,5 quilómetros por hora (km/h).

A Xunta de Galicia prohibiu as actividades no exterior dos centros educativos, e o Concello de Viveiro alertou do peche do Parque Pernas Peón.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...