A Mariña concentrarase este luns en Ribadeo en repulsa polo asasinato de Manuela Iglesia, da Pastoriza

O Observatorio convocou unha protesta, ás 20.30 horas na Praza 8 de Marzo, para condenar o que, de confirmarse a hipótese principal, sería o sexto crime machista do ano en España

O Observatorio da Mariña pola Igualdade nunha mobilización. OMI

O feminismo galego concentrarase o vindeiro luns en repulsa polo asasinato acontecido na parroquia de Crecente, no municipio da Pastoriza, onde un home de 82 anos supostamente matou a súa muller, Manuela Iglesia Fernández, de 79, para suicidarse despois.

Segundo fontes próximas á investigación, “todo apunta” a que se trata dun asasinato machista, que sería o primeiro feminicidio na comunidade galega e o sexto documentado en España no 2020. O cádaver de Manuela deixaba ver sinais de violencia, como un golpe na cabeza e tamén coiteladas.

21 CONCENTRACIÓNS EN GALICIA

O Observatorio da Mariña Pola Igualdade convocou unha concentración o luns en Ribadeo, baixo o lema ‘Alerta feminista: nin unha menos‘. A protesta será ás 20.30 horas, na Praza 8 de Marzo. Será un dos 21 actos reivindicativos programados en Galicia por este motivo.

EN BURELA, ACTO O MARTES

O vindeiro martes, ás 12.00 do mediodía, terá lugar en Burela, na Praza do Concello, unha concentración para amosar a repulsa polo crime machista ocorrido o pasado sábado no municipio da Pastoriza.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here