InicioEconomíaConservas Faro etiqueta en braille e cun código QR que enlaza o...

Conservas Faro etiqueta en braille e cun código QR que enlaza o produto a unha descrición auditiva

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visita as instalacións, onde anuncia axudas por 19,2 millóns para que os GALP realicen proxectos que axuden ao desenvolvemento socioeconómico

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, informou este luns en Burela de que os oito grupos de acción local do sector pesqueiro en Galicia (GALP) pódense beneficiar de 19,2 millóns de euros para o desenvolvemento de proxectos de dinamización socioeconómica do litoral galego no marco da convocatoria de axudas deste ano.

Quintana recordou esta liña de axudas durante unha visita a Conservas Faro, en Burela, na que estivo acompañada da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e na que aproveitou para coñecer as melloras realizadas en trazabilidade e etiquetado de produtos a través dos produtos a través dos grupos de desenvolvemento A Mariña-Ortegal.

APOSTA POLA INCLUSIÓN

Entre as melloras implantadas, e que forman parte das actuacións que subvenciona a Xunta de Galicia, atópanse a comercialización de produtos pesqueiros con pesado e etiquetado automáticos; inclusión de braille e un código QR para as etiquetas a fin de enlazar o produto a unha descrición auditiva; e melloras para a elaboración artesanal de conservas.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, tamén estivo presente na visita a empresa, da que Quintana destacou a súa implicación “na inclusión social”.

Esta faceta de Conservas Faro de Burela “súmase aos outros valores que a caracterizan, que son a tradición de empresa familiar, a innovación dos procesos e a calidade do produto elaborado e envasado de xeito artesanal”, expuxo. Deste xeito buscan alcanzar o posicionamento da marca no mercado de produtos pesqueiros gourmet e artesanais.

Nos últimos catro anos, segundo destacou a conselleira de Mar, os preto de 450 proxectos aprobados xeraron máis de 1.900 empregos a tempo completo e supuxeron un incremento do valor engadido bruto de máis de 94 millóns de euros.

Quintana recordou ademais que os grupos de desenvolvemento poden optar a axudas para proxectos de cooperación interterritoriales e trasnacionais. A través destas axudas, cofinanciadas con fondos europeos, a Xunta busca promover a suma de sinergias entre os GALP para que accedan a información e novas ideas e aprendan doutros grupos, rexións ou países.

Tamén busca favorecer e apoiar a innovación para adquirir destrezas e medios que permitan mellorar as súas estratexias de desenvolvemento local participativo. A elas, destina 381.000 euros.

VISITA AO CIMA DE RIBADEO

A titular de Mar desenvolveu unha axenda na Mariña que incluíu a visita á planta de cultivos mariños do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) en Ribadeo. Este organismo, que ten outro centro en Vilagarcía de Arousa, ten como finalidade a investigación orientada e aplicada co obxectivo de alcanzar unha xestión racional e eficaz dos recursos mariños.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...