Só dous concellos dos 16 municipios da Mariña Lucense gañaron poboación a 1 de xaneiro de 2019 con respecto á mesma data de 2018: Burela e Riotorto. Así o expón o padrón municipal de habitantes publicado este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE).
Segundo o informe, A Mariña Lucense perdeu 395 habitantes nese intervalo, pasando de 72.441 no inicio de 2018 a 72.046 no primeiro día de 2019. Doce municipios acreditan esa tendencia negativa; Alfoz (-69 habitantes), Foz (-22), Lourenzá (-41), Mondoñedo (-71), O Valadouro (-13), O Vicedo (-48), Viveiro (-44), Xove (-41), Barreiros (-7), A Pontenova (-19), Ribadeo (-46) e Trabada (-3). Cervo e Ourol manteñen o mesmo número de habitantes, 4.227 e 1.018.
No caso de Burela, suma 22 persoas, aproximándose aos 9.600 residentes. Pola súa banda, Riotorto aumenta o número de habitantes en sete. Nesta táboa podes ver a evolución, cos datos de inicio do curso 2018 entre paréntese.
2705 A Mariña Central | 28.955 (29.149) |
27002 Alfoz | 1.688 (1.757) |
27902 Burela | 9.588 (9.566) |
27019 Foz | 9.980 (10.002) |
27027 Lourenzá | 2.140 (2.181) |
27030 Mondoñedo | 3.568 (3.639) |
27063 Valadouro, O | 1.991 (2.004) |
2706 A Mariña Occidental | 25.659 (25.792) |
27013 Cervo | 4.227 (4.227) |
27038 Ourol | 1.018 (1.018) |
27064 Vicedo, O | 1.675 (1.723) |
27066 Viveiro | 15.466 (15.510) |
27025 Xove | 3.273 (3.314) |
2707 A Mariña Oriental | 17.432 (17.500) |
27005 Barreiros | 2.934 (2.941) |
27048 Pontenova, A | 2.264 (2.283) |
27051 Ribadeo | 9.854 (9.900) |
27061 Trabada | 1.118 (1.121) |
27054 Riotorto | 1.262 (1.255) |
A evolución da comarca segue a ser preocupante, dado que no 1981 contaba con 81.428 habitantes.
O 84% DOS MUNICIPIOS GALEGOS PERDEN RESIDENTES
O 84% dos concellos de Galicia perderon poboación no período 2018-2019; 241 dos 313 concellos pecharon o exercicio con saldo negativo.
En Ourense só houbo sete concellos (Allariz, Amoeiro, Baltar, A Merca, Pereiro de Aguiar, Piñor, Quintela de Leirado e San Cibrao das Viñas) con aumento de poboación, mesmo número que en Lugo (Castro de Rei, Folgoso do Courel, Lugo, Pantón, Riotorto, Sober e Burela).
Na Coruña houbo crecemento de veciños nos municipios de Ames, Ares, Arteixo, Boiro, Boqueixón, Cambre, Carballo, Carral, Cee, A Coruña, Frades, Irixoa, Miño, Oleiros, Ordes, Oroso, Sada, Santiago, Teo e Vilarmaior.
Ademais, Campo Lameiro, Cangas, Gondomar, A Lama, Meis, Mondariz-Balneario, Oia, Pazos de Borbén, Pontevedra, Portas, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Tomiño e Vigo foron os concellos da provincia de Pontevedra que tiveron saldo positivo en 2018.
Se está perdiendo poblacion en España. Y esto es debido al mal gobierno de la Nacion. Para fomentar los nacimientos es menester que el estado Español premie por nacimiento a cada niño con cien mil euros, tan solo en una vez, y en el término de un mes. Ademas de esto es muy necesario que el Gobierno prohiba toda forma de aborto, (menos los abortos naturales, siempre que las causas sean comprobadas.—Los abortos están acabando con las riquezas, tambien con los pueblos, que van quedando desiertos, y tambien acaban con la riqueza y adelanto de la ciencia,, y los trabajadores del campo. Las mujeres abortistas deben estar obligadas a trabajos sociales sin rtemuneracion, lo mismo el hombre si se comprueba que ha participado o si ha obligado al aborto.—De lo contrario el mundo habitado por el ser humano no llegará a cien años. Antes de cien años no habrá habityantes sobre la tierra.